http://orientacioncondesa.blogspot.com.es/2015/04/probas-de-avaliacion-individualizada-de.html

http://1.bp.blogspot.com/-fOPo4bZbTV4/VODaAnJkFTI/AAAAAAAAHJE/-o9zwPM6R3o/s1600/descarga%2B%25281%2529.jpg

viernes, 13 de abril de 2012

TÉCNICAS DE ESTUDIOS

APRENDER A ESTUDIAR  é un programa interactivo, que ten por obxectivo mellorar o estudo dos rapaces a través da presentación e da práctica de diferentes técnicas. Estas están agrupadas en apartados interactivos que se presentan en forma de papiros desplegables.
O programa ten moitos trucos, consellos e actividades, de forma que o alumnado consiga unha aplicación prácticaa en tódolos contidos do currículo educativo. Resúltanme moi interesantes as actividades de avaliación presentes ao final de cada contido traballado para que se poidan autoavaliar os progresos.
Pareceme un programa moi útil, que incluso pode ser utilizado en tódolos niveis, cun deseño moi atrativo e contidos moi interesantes. Considero que se trata dun práctico recurso, imprescindible para que os estudantes coñezan e poñan en práctica as técnicas de estudo, que lle servirán para ter éxito na súa formación.

TICS

ORIENTACIÓN CON INTERNET: o título desta entrada danos acceso ao VI Congreso Internacional Virtual de Educación, titulado "Las tecnologías de la información y comunicación en la orientación profesional: recursos". Nesta ponencia descríbense os programas informáticos de orientación profesional máis utilizados e os recursos de maior utilidade para a intervención orientadora nos centros de secundaria. Fai unha exposición dunha serie de programas informáticos e sobre recursos na web: probas de asesoramento vocacional, programas de garantía social, ciclos de grao medio e grao superior, informacións sobre bacherelato, sobre ensinanzas de rexime xeral, sobre estudos universitarios e outras profesións. Finalmente recolle unhas conclusións e referencias bibliográficas.

BLOGS

RECURSOS EDUCATIVOS PARA MESTRES: centreime neste blog nun artigo sobre recursos TIC, porque persegue motivar ao profesorado a introducir o uso destes recursos na súa práctica docente habitual ou ampliar as posibilidades de actuación para os que xa os utilizan.
Pressentannos unha gran multitude de recursos, clasificados da seguiente maneira:
1. Recursos para apoiar a exposición docente (as explicacións habituais do profesor/a) e para buscar información en internet.
2. Recursos para traballos colaborativos e traballo por proxectos
3. Recursos para elaborar e presentar a información
4. Recursos con exercicios e actividades de consolidación de coñecementos e reforzo para o alumnado
5. Outros recursos xeneralistas e de apoio (redes sociais docentes, departamento de orientación (PT, AL…), directorios de recursos…).
Ofrécese un modelo cun enfoque didáctico centrado no traballo por competencias e as metodoloxías asociadas de traballos por proxectos, traballos por tarefas, traballo colaborativo, etc. onde o alumnado se converte en protagonista da aprendizaxe.Consideran como obxectivo xeral da competencia dixital e de tratamento da información  que o alumnado “poida dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, e para transformala en coñecemento”. Este obxectivo pide un cambio metodolóxico no que o libro de texto deixe a un lado o seu papel protagonista nas escolas do século XXI, para cederllo aos verdadeiros protagonistas, o alumnado. Invítasenos a experimentar con novas ferramentas de traballo colaborativo: Blogs, Wikis, Webquests, Google Docs, e Twinning, as aulas virtuais ou as redes sociais. Considera estas ferramentas como as que nos ofrecen a posibilidade como docentes de ser máis autónomos e responsables, máis creativos e en consecuencia mellores profesionais da educación.
Ler mais en:  http://ticarua.blogaliza.org/recursos-tic-infantil-e-primaria/

ORIENTACIÓN LOS PEDROCHES: é outro blog no que atopamos unha morea de recursos de orientación e para titorías, de audición e linguaxe, de atención, TXD, xogos de lóxica e unha gran cantidade de materiais moi axeitados para as primeiras idades e etapas de infantil e primaria. Tamén ten enlaces, artigos, vídeos etc. todos moi interesantes.

jueves, 29 de marzo de 2012

  O BLOG COMO FERRAMENTA NA ORIENTACIÓN EDUCATIVA (Daniel Veiga Martínez).

Este terceiro artigo de Daniel Veiga Martínez, tamén afonda na idea de crear un blog para o departamento de orientación.

Sinala que reflicte unha maneira específica do uso das novas tecnoloxías en xeral, pero de xeito particular do "Blog de Orientación como Guia da Información Académica e Profesional". Destaca as moitas potencialidades pedagóxicas dos blogs, como ferramentas multiusos, que hai que potenciar nun centro educativo. 


Considera aos blogs como unha modalidade de páxina web, na que os artigos aparecen ordenados pola data de publicación e que se actualiza de maneira frecuente, como vou vendo que ocorre no meu. Resalta as vantaxes no eido educativo, porque se trata dun sistema sinxelo, rápido e sen custu para publicar en internet, ademais dun sistema de almacenamento e organización da información. 


Sinala que ten moitas e interesantes aportacións pedagóxicas o uso do blog, potenciando a alfabetización dixital do alumnado, creando motivación para as tarefas de lectura e escritura, perimitindo a formación audiovisual, sendo o alumno o protagonista do seu blog o que lle reforza a sensación de éxito. Axuda tamén na creación de redes virtuais de aula (incorporando as ligazóns dos blogs dos compañeiros), ademais de iniciar ao alumnado en nas aprendizaxes de organizar, compartir, comunicarse e traballar coa información, algo tan esencial dentro das competencias das distintas áreas. Fai referencia ao caderno virtual que recolle actividades de aprendizaxe realizadas e en difinitiva afirma que o blog pode ser un espacio de aprendizaxe, que permite variadas aplicacións pedagóxicas.


Sorprendeume este enfoque gratamente, porque aínda que se fai referencia á etapa de secundaria, eu considero que na liña que foi expoñendo as posibilidades do blog, esta estarían tamén enfocadas cando menos para primaria, facendome verlle utilidade para o profesorado, non so para os orientadores. 
Despois de expoñer as posibilidades educativas dos blogs, pasa relatar paso a paso, como e con que ferramentas planificar, crear e manter o noso blog. Recoméndanos crealo con "BLOGIA" que é gratis, posibilita clasificar os artigos por temas, ten un buscador interno, plantillas para o deseño do blog, ligazóns, copia de seguridade, sindicación de contidos (RSS), etc. Tamén nos fala da posibilidade de crealo en galego con BLOGOTECA.com ou con BLOGALIZA.org. Suxírenos que nos aproveitemos das vantaxes de Blogia Plus, que podemos instalar un contador de visitas, darnos de alta no buscador Google, así como na páxina de Aulablog, que ten unha chea de recursos. Ademais infórmanos dun dos recurso máis interesantes e revolucionarios, os BLOGLINES, aplicación que nos da a posibilidade de informarnos de xeito automático, para elo o documento guíanos na forma de facelo. 
Sinala tamén que hai que ter claro para que queremos crear o blog, cales van ser as súas finalidades e funcións; determinando os temas ao redor dos cales imos organizar a información, recursos, etc.
Indica ademais unha serie de estratexias e de recursos de internet que nos axudarán ao mantemento e creación de contidos do blog. Algúns deles son: o servizo de alertas de Google, a utilización do servizo de sindicación de contidos para ler información actualizada de múltiples páxinas web de interese, un servizo de correo electrónico para o almacenamento de información sen problemas de cantidade, suscripción a diferentes monográficos e publicacións relacionadas coa educación, etc.


Finalmente facilítanos bibliografía, as direccións web de moitas aplicacións que nos poden interesar no noso traballo orientador, e a dirección de varios blogs que nos axudarán na creación, do noso blog de orientación.
Considero que este documento é interesante e útil para iniciarse no mundo dos blogs educativos.
EL BLOG COMO HERRAMIENTA DE ORIENTACIÓN (OrientaGades)
                                                                                                          
 Neste segundo artigo de Mª Carmen Delgado Lendínez, resaltase a importancia das TIC na educación hoxe en día. Matiza que os orientadores temos que aproveitar as ferramentas que estas nos ofrecen, podendo compartir multitude de recursos que fagan máis facil o noso traballo e chegar de maneira mais eficaza ao alumnado e ás súas familias.
A autora comeza facendo unha presentación na que conta como se iniciou no mundo dixital. Creou unha Web dedicada á orientación ata que se deu conta do potencial dos blogs educativos.
Co seu blog, pretendeu fundamentalmente incorporar as TIc á labor orientadora, facilitándolle ao alumnado que poidan realizar o seu proceso de toma de decisión, converténdoo nun instrumento para o desenrolo da competencia dixital e do tratamento da información. O primeiro paso é facer aos alumnos e alumnas competentes dixitais, para qeu sexan autonomos na busca de información fiable e útil, (seleccionandoa, analizandoa, contrastándoa e facendo uso critico dela), en transformar esta en coñecemento, (organizándoa, analizándoa, relacionándoa, sintetizándoa e comprendéndoa) e en comunicala en distintos soportes. Aínda que o noso alumnado pertence á xeneración de nativos dixitais, necesitan desenvover estas habilidades.
 Considera como primeiro obxectivo do seu blog, proporcionar ferramentas e información relevante para a toma de decisións vocacionais, tanto ao alumnado como á familia, a estas ofrecéndolles materiais de interese para formarse nos temas relacionados coa educación dos seus fillos. Sinala tamén outras ventaxas, de resolver temas puntuais sen ter que realizar unha entrevista, actualización constante da información, etc.
O segundo obxectivo, é o de recopilar recursos, webs, ferramentas para a formación e materiais relacionados coa orientación e co mundo da educación en xeral. Toda esa información, recollida no blog dun xeito organizado, estará accesible, tanto para nos como para a xente que o visita. Ademais, se utilizamos a suscripción de contidos recibiremos novidades no correo electónico ou mediante fontes RSS, gañando tempo.
En terceiro lugar, pretende proporcionar aos titores e ao profesorado en xeral materiais de utilidade para a acción titorial: técnicas de estudio, titorías interactivas, guías sobre ciberbullying, redes sociais, anorexia, materiais das probas de diagnóstico, educación en valores, para la convivencia, educación para a saúde e recursos valiosos para a formación.
Por último, sinala un obxectivo que se foi impoñendo pola propia demanda dos usuarios: informar das posibilidades a nivel de títulos que ofrece o sistema educativo de "reincorporarse " ao mesmo, para aquelas persoas que o abandoaron no seu momento.
A continuación fálanos da estrutura e dos recursos do blog, a través das categorías, (sobre contidos xerais) e etiquetas, organizadas en forma de nube segundo a relevancia das entradas. As barras laterais conteñen informacións, enlaces, presentacións, etc. que se queren destacar. Tamén inclúe páxinas estáticas con temas de interese para os seus usuarios, alumnado e familias: probas, descargas, enlaces, acceso á universidade, o programa orienta, etc.
Por último fai unha reflexión sobre a dedicación que supón o blog, para melloralo e engadirlle contidos, sobre todo porque a orientación abrangue múltiples e diversos ámbitos. Neste senso como a autora sinala, sería importantísimo o traballo colaborativo, aforrando moitos esforzos, ademais de ser enriquecedor. Recalca que a filosofía de internet está basada entre outras cousas, en compartir, porque todos podemos aportar algo e moito que aprender. Convídanos a facer de internet unha verdadeira comunidade de aprendizaxe.
A min este artigo gustoume moito, porque me facilita información clara e sinxela sobre o que é un blog, servíndome esta experiencia de axuda porque me estou a iniciar neste campo, facéndome reflexionar e ser máis consciente de que nos temos que poñernos ao día nas ferramentas dixitais para empregalas no noso traballo como orientadores, colaborando e compartindo recursos, para ser máis eficaces e aforrar esforzos e tempo.
Este blog está referido a secundaria, a min gustariame coñecer experiencias a nivel de infantil e primaria, dado que sobre todo co alumnado as pretensións serán a outro nivel. Volvo a repetir que me estou iniciando a este nivel, o que me supón tempo e esforzo dado que a miña competencia dixital e baixa.
                                                                                                
ARTIGO DO DOCUMENTO 1 "(8 MOTIVOS PARA CREAR TU BLOG EN 2012)"
                                                      
                                                                                                                      
A creación deste blog non era o meu propósito, veume dado. Espero atoparlle os beneficios que se recollen neste documento.
1.- Reflexión a posteriori sobre a evolución do traballo e pensamento, se nel recollemos o quefacer diario.
2.- Progreso nas competencias TIC, sendo a mellor maneira de entender a estrutura e o propósito do blog.
3.- Comunicación con outros profesionais da educación, intercambiando experiencias, compartindo recursos,..
4.- Conectas cos alumnos e/ou pais, para facilitar información e para crear un espacio para dialogar.
5.- Melloras a presentación oral e escrita a través desa práctica, incluso na maneira de ensinar ao alumnado.
6.- Desenvolves o teu lado mais creativo, dándolle ao teu blog un toque persoal.
7.- Expande as túas oportunidades profesionais, dandote a coñecer profesionalmente.
8.- Cambia a imaxe pública do docente, tan necesaria para a nosa profesión.

Recomendo a todos o profesorado a lectura deste artigo do blog de TotemGuard, para coñecer os beneficios de crear un blog, que el estrutura en 8 motivos.

Dende a perspectiva da orientación, recoñezo que un blog, é unha ferramenta moi útil, para acceder a experiencias doutros profesionais, permitindo coñecer e difundir diversas informacións con toda a comunidade educativa, (pais e nais, alumnado e ao profesorado en xeral), facilitando materiais, etc.