http://orientacioncondesa.blogspot.com.es/2015/04/probas-de-avaliacion-individualizada-de.html
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjRIFVWOsKWKMA2ky2-KbAYl5MQCVd1mb77XmUMBbKXRUlaXOPSfQjIxMK-A62wDiZltJ0rGs2jzsK8PMIe8QEm_fcO3u9IHV9xD8JHgakMQNHlQu3g6fJ_kM9F1tBJVoHuvrPnhz_JeVo/s1600/descarga+%25281%2529.jpg
miércoles, 29 de abril de 2015
CHAMADAS DE ATENCIÓN
PÓRTASE MAL PARA CHAMAR A ATENCIÓN
Imaxe collida
de
Morguefile.com

“O noso fillo de 6 anos leva un tempo que
empeorou o comportamento. Fai trasnadas, non fai
caso e sempre temos que andar rifándolle e castigándoo. Na casa non hai ningún
problema, cremos que se porta mal, simplemente para chamar a atención. Que
facemos?” "
Esta
adoita ser unha das consultas máis habituais no departamento de orientación.
EN QUÉ CONSISTE O PROBLEMA?
Parece que
o comportamento negativo do neno ou da nena busca atraer a atención dos seus
pais. A atención é un dos reforzadores máis potentes na conduta infantil.
Algúns pais
exprésano como que xa non saben que facer, probaron de todo e nada funciona;
castígano e parece que non lle importa nada. O neno consegue o premio, a
atención, e o castigo, impórtalle menos.
CAUSAS
1. Non
se lle presta a atención axeitada. Xeralmente por algo sinxelo, non reciben
a atención suficiente. É posible que o comportamento axeitado non se reforce e
non se lle poña atención, mentres que si se atende de forma especial cando se
porta mal, aínda que sexa para rifarlle. É neses momentos cando se dirixen a
el, deixándoo todo, falando coa mestra, ... pero cando o comportamento é
adecuado, non se actúa.
Outros
nenos só conseguen que lles fagan caso, cando fan trasnadas
ou o seu comportamento é inadecuado. Hai escenas de nenos que chaman aos seus
pais de forma axeitada e que non son atendidos; ata que non berran, non os
teñen en conta.
2. Queren
toda a atención. É menos frecuente, pero sucede que noutros casos, os nenos
non só queren atención, senón que a queren toda e en exclusiva. É o caso
dalgúns nenos con irmáns pequenos, que queren que se lles atenda a eles e que
utilizan esta estratexia cando os seus pais atenden ao outro irmán.
QUE FACER?
1. Darlle atención ao seu fillo ou filla. Pero
iso non é matarse de traballar para que non lle falte de nada. Iso está moi ben
e ten moito mérito, pero darlle atención é que en determinados momentos teñan a
exclusiva, escoitalo con interese, cando lle conte o que aconteceu durante a
mañá, responderlle ás súas preguntas, tamén ás difíciles e comprometidas,
ensinarlle cousas, xogar con el, contarlle un conto antes de durmir, rifarlle
cando fai algo mal, etc., etc.
2º. Ignorar
as condutas inadecuadas. Cando sexan capaces de darlle atención aos seus fillos
e fillas dese modo, poderán ignorar as condutas inadecuadas, sempre que sexa
posible facelo, de maneira que descubra, que papá e mamá lle atende moito máis
cando se porta ben, que cando se porta mal. Todas as persoas necesitamos a nosa
cota de atención; os nenos tamén e farán o que sexa, por ter o seu “depósito”
de atención completo.
Cando as chamadas de atención non son efectivas: O fillo parece que non escoita, hai que chamarlle vinte veces a atención; ata que non lle berras non atende; chamáselle a atención pero non se consegue nada. Son maneiras diferentes de expresar esta queixa as familias.
A chamada
de atención é a técnica máis usada e iso tamén fai que perda efectividade. De
todos os xeitos, déixolles algunhas orientacións para que funcione mellor:
* Reducir as
chamadas a tres, como máximo. Algúns pais chaman a atención de xeito
indefinido. Se o neno se acostuma a chamadas de atención reiterativas,
escóitaas como unha música de fondo e remata por non as atender. A primeira
medida é reducilas, é dicir, acostumalo a que lle chaman a atención máximo tres
veces e á seguinte vez se actua.
* Utilizalas cando sexa estritamente necesario. Outros pais abusan dela e chaman a atención cando en realidade non pasaría nada se non se fixese. Algunhas familias están demasiado enriba do neno e este remata por non lles facer caso. Que aprenda que cando lle chaman a atención é en serio, a situación o require e van actuar se non atende.
* Utilizalas cando sexa estritamente necesario. Outros pais abusan dela e chaman a atención cando en realidade non pasaría nada se non se fixese. Algunhas familias están demasiado enriba do neno e este remata por non lles facer caso. Que aprenda que cando lle chaman a atención é en serio, a situación o require e van actuar se non atende.
* Que o
neno ou a nena lles preste atención. Para chamar a atención hai que asegurarse
de que nos vai atender. Polo tanto, en ocasións iso obriga a que nos poñamos
diante del,lle xiremos a cabeza, o miremos aos ollos e nos aseguremos de que
atendeu á chamada.
Polo tanto,
para que as chamadas de atención sexan máis efectivas, recorden:
1.
Acostumalo a que o chaman só tres veces.
2.
Chamarlle a atención só cando sexa necesario.
3.
Asegurarse de que nos está a prestar atención.
Como conseguir que o meu fillo me obedeza?: Moitas familias quéixanse de que o seu fillo non lles fai caso. A pregunta é “Que podemos facer?”
1º. O neno ou a nena debe dispoñer dunhas
normas claras e concretas. Estas normas estarán referidas aos diferentes tempos
e rutinas, ao comportamento esperado nos espazos habituais, ao cumprimento das
responsabilidades e á seguridade persoal.
2º. As ordes que dean aos nenos deberían de
estar referidas, a maioría das veces, a esas normas, polo tanto, serán unha
especie de recordatorio destas: "Os xoguetes recóllense ao rematar; cómese
sentado na cadeira; a rúa crúzase dando a man... "
3º.
A orde será clara, concreta e firme. Ordes xenéricas como "se bo" ou
"pórtate ben", adoitan ser demasiado abstractas. As ordes brandas,
indican que se poden incumprir.
4º. Cando dean as ordes, asegúrense de que os
está a escoitar e díganllas unha a unha.
5º. Deixe un tempo prudencial para que a cumpra, non xa ao momento. Máis tarde, supervise que se cumpriu. Senón pode utilizar algunha consecuencia natural.
5º. Deixe un tempo prudencial para que a cumpra, non xa ao momento. Máis tarde, supervise que se cumpriu. Senón pode utilizar algunha consecuencia natural.
6º.
Por último, eloxie o seu fillo ou a súa filla cando sexa obediente e se porte
ben. O eloxio é unha forma de aprobación e como tal, ten o carácter de
reforzador xeneralizado, é dicir, aumenta a frecuencia da conduta eloxiada en
circunstancias similares. Pero, eloxiar aos fillos axeitadamente é unha pauta
necesaria na súa educación.
Como
eloxiar ao seu fillo ou filla?: O eloxio débese
ofrecer de xeito inmediato ante comportamentos que queremos reforzar e que son
adecuados. Hai moitas formas de eloxiar. En primeiro lugar, expresando
aprobación ou expresando satisfacción: "moi ben"; "que ben o
fixeches". Facendo comentarios a terceiras persoas, por exemplo á parella:
"Papá, non sabes o ben que fixo isto ou o outro o noso fillo".
O eloxio
tamén é unha forma de poñer atención, desta forma o neno ou a nena comprobará
que se lle pon máis atención cando se porta ben que cando non o fai. Así,
evitamos que se porte mal para atraer a nosa atención.
Ao eloxiar,
é adecuado sinalar o motivo e resaltalo: " Que ben recolliches hoxe os
xoguetes e que ordenado o deixaches todo! " O eloxio indica dun xeito moi
claro e concreto, que o que fixo está ben e que así esperamos que se volva
comportar a próxima vez. Debe ser crible, tampouco é necesario esaxerar nin os
xestos, nin as palabras, nin o ton de voz. Un sorriso, un xesto, pode ser
suficiente, e mesmo unha palabriña ao oído:
"Gustoume moito como axudaches o teu irmán".Todas as persoas
necesitamos aprobación e eloxios. Os seus fillos tamén. Cando hai un mal
comportamento xeneralizado, os nenos reciben poucos reforzos deste tipo. Así
que, aínda que vos custe ao principio, practicade o eloxio, seguro que
notades as melloras.
¡¡¡Espero
que estas pautas lles axuden na relación co seu fillo ou filla!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)