http://orientacioncondesa.blogspot.com.es/2015/04/probas-de-avaliacion-individualizada-de.html

http://1.bp.blogspot.com/-fOPo4bZbTV4/VODaAnJkFTI/AAAAAAAAHJE/-o9zwPM6R3o/s1600/descarga%2B%25281%2529.jpg

jueves, 29 de marzo de 2012

EL BLOG COMO HERRAMIENTA DE ORIENTACIÓN (OrientaGades)
                                                                                                          
 Neste segundo artigo de Mª Carmen Delgado Lendínez, resaltase a importancia das TIC na educación hoxe en día. Matiza que os orientadores temos que aproveitar as ferramentas que estas nos ofrecen, podendo compartir multitude de recursos que fagan máis facil o noso traballo e chegar de maneira mais eficaza ao alumnado e ás súas familias.
A autora comeza facendo unha presentación na que conta como se iniciou no mundo dixital. Creou unha Web dedicada á orientación ata que se deu conta do potencial dos blogs educativos.
Co seu blog, pretendeu fundamentalmente incorporar as TIc á labor orientadora, facilitándolle ao alumnado que poidan realizar o seu proceso de toma de decisión, converténdoo nun instrumento para o desenrolo da competencia dixital e do tratamento da información. O primeiro paso é facer aos alumnos e alumnas competentes dixitais, para qeu sexan autonomos na busca de información fiable e útil, (seleccionandoa, analizandoa, contrastándoa e facendo uso critico dela), en transformar esta en coñecemento, (organizándoa, analizándoa, relacionándoa, sintetizándoa e comprendéndoa) e en comunicala en distintos soportes. Aínda que o noso alumnado pertence á xeneración de nativos dixitais, necesitan desenvover estas habilidades.
 Considera como primeiro obxectivo do seu blog, proporcionar ferramentas e información relevante para a toma de decisións vocacionais, tanto ao alumnado como á familia, a estas ofrecéndolles materiais de interese para formarse nos temas relacionados coa educación dos seus fillos. Sinala tamén outras ventaxas, de resolver temas puntuais sen ter que realizar unha entrevista, actualización constante da información, etc.
O segundo obxectivo, é o de recopilar recursos, webs, ferramentas para a formación e materiais relacionados coa orientación e co mundo da educación en xeral. Toda esa información, recollida no blog dun xeito organizado, estará accesible, tanto para nos como para a xente que o visita. Ademais, se utilizamos a suscripción de contidos recibiremos novidades no correo electónico ou mediante fontes RSS, gañando tempo.
En terceiro lugar, pretende proporcionar aos titores e ao profesorado en xeral materiais de utilidade para a acción titorial: técnicas de estudio, titorías interactivas, guías sobre ciberbullying, redes sociais, anorexia, materiais das probas de diagnóstico, educación en valores, para la convivencia, educación para a saúde e recursos valiosos para a formación.
Por último, sinala un obxectivo que se foi impoñendo pola propia demanda dos usuarios: informar das posibilidades a nivel de títulos que ofrece o sistema educativo de "reincorporarse " ao mesmo, para aquelas persoas que o abandoaron no seu momento.
A continuación fálanos da estrutura e dos recursos do blog, a través das categorías, (sobre contidos xerais) e etiquetas, organizadas en forma de nube segundo a relevancia das entradas. As barras laterais conteñen informacións, enlaces, presentacións, etc. que se queren destacar. Tamén inclúe páxinas estáticas con temas de interese para os seus usuarios, alumnado e familias: probas, descargas, enlaces, acceso á universidade, o programa orienta, etc.
Por último fai unha reflexión sobre a dedicación que supón o blog, para melloralo e engadirlle contidos, sobre todo porque a orientación abrangue múltiples e diversos ámbitos. Neste senso como a autora sinala, sería importantísimo o traballo colaborativo, aforrando moitos esforzos, ademais de ser enriquecedor. Recalca que a filosofía de internet está basada entre outras cousas, en compartir, porque todos podemos aportar algo e moito que aprender. Convídanos a facer de internet unha verdadeira comunidade de aprendizaxe.
A min este artigo gustoume moito, porque me facilita información clara e sinxela sobre o que é un blog, servíndome esta experiencia de axuda porque me estou a iniciar neste campo, facéndome reflexionar e ser máis consciente de que nos temos que poñernos ao día nas ferramentas dixitais para empregalas no noso traballo como orientadores, colaborando e compartindo recursos, para ser máis eficaces e aforrar esforzos e tempo.
Este blog está referido a secundaria, a min gustariame coñecer experiencias a nivel de infantil e primaria, dado que sobre todo co alumnado as pretensións serán a outro nivel. Volvo a repetir que me estou iniciando a este nivel, o que me supón tempo e esforzo dado que a miña competencia dixital e baixa.
                                                                                                

No hay comentarios:

Publicar un comentario