http://orientacioncondesa.blogspot.com.es/2015/04/probas-de-avaliacion-individualizada-de.html

http://1.bp.blogspot.com/-fOPo4bZbTV4/VODaAnJkFTI/AAAAAAAAHJE/-o9zwPM6R3o/s1600/descarga%2B%25281%2529.jpg

jueves, 29 de marzo de 2012

  O BLOG COMO FERRAMENTA NA ORIENTACIÓN EDUCATIVA (Daniel Veiga Martínez).

Este terceiro artigo de Daniel Veiga Martínez, tamén afonda na idea de crear un blog para o departamento de orientación.

Sinala que reflicte unha maneira específica do uso das novas tecnoloxías en xeral, pero de xeito particular do "Blog de Orientación como Guia da Información Académica e Profesional". Destaca as moitas potencialidades pedagóxicas dos blogs, como ferramentas multiusos, que hai que potenciar nun centro educativo. 


Considera aos blogs como unha modalidade de páxina web, na que os artigos aparecen ordenados pola data de publicación e que se actualiza de maneira frecuente, como vou vendo que ocorre no meu. Resalta as vantaxes no eido educativo, porque se trata dun sistema sinxelo, rápido e sen custu para publicar en internet, ademais dun sistema de almacenamento e organización da información. 


Sinala que ten moitas e interesantes aportacións pedagóxicas o uso do blog, potenciando a alfabetización dixital do alumnado, creando motivación para as tarefas de lectura e escritura, perimitindo a formación audiovisual, sendo o alumno o protagonista do seu blog o que lle reforza a sensación de éxito. Axuda tamén na creación de redes virtuais de aula (incorporando as ligazóns dos blogs dos compañeiros), ademais de iniciar ao alumnado en nas aprendizaxes de organizar, compartir, comunicarse e traballar coa información, algo tan esencial dentro das competencias das distintas áreas. Fai referencia ao caderno virtual que recolle actividades de aprendizaxe realizadas e en difinitiva afirma que o blog pode ser un espacio de aprendizaxe, que permite variadas aplicacións pedagóxicas.


Sorprendeume este enfoque gratamente, porque aínda que se fai referencia á etapa de secundaria, eu considero que na liña que foi expoñendo as posibilidades do blog, esta estarían tamén enfocadas cando menos para primaria, facendome verlle utilidade para o profesorado, non so para os orientadores. 
Despois de expoñer as posibilidades educativas dos blogs, pasa relatar paso a paso, como e con que ferramentas planificar, crear e manter o noso blog. Recoméndanos crealo con "BLOGIA" que é gratis, posibilita clasificar os artigos por temas, ten un buscador interno, plantillas para o deseño do blog, ligazóns, copia de seguridade, sindicación de contidos (RSS), etc. Tamén nos fala da posibilidade de crealo en galego con BLOGOTECA.com ou con BLOGALIZA.org. Suxírenos que nos aproveitemos das vantaxes de Blogia Plus, que podemos instalar un contador de visitas, darnos de alta no buscador Google, así como na páxina de Aulablog, que ten unha chea de recursos. Ademais infórmanos dun dos recurso máis interesantes e revolucionarios, os BLOGLINES, aplicación que nos da a posibilidade de informarnos de xeito automático, para elo o documento guíanos na forma de facelo. 
Sinala tamén que hai que ter claro para que queremos crear o blog, cales van ser as súas finalidades e funcións; determinando os temas ao redor dos cales imos organizar a información, recursos, etc.
Indica ademais unha serie de estratexias e de recursos de internet que nos axudarán ao mantemento e creación de contidos do blog. Algúns deles son: o servizo de alertas de Google, a utilización do servizo de sindicación de contidos para ler información actualizada de múltiples páxinas web de interese, un servizo de correo electrónico para o almacenamento de información sen problemas de cantidade, suscripción a diferentes monográficos e publicacións relacionadas coa educación, etc.


Finalmente facilítanos bibliografía, as direccións web de moitas aplicacións que nos poden interesar no noso traballo orientador, e a dirección de varios blogs que nos axudarán na creación, do noso blog de orientación.
Considero que este documento é interesante e útil para iniciarse no mundo dos blogs educativos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario